Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Ourense.

Mediante Acordo do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/30-3), a cal foi publicada no DOG do 19 de maio, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, número 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

– Número de expediente: IN407A 2022/30-3.

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Denominación da instalación: regulamentación LMTA entre apoio núm. 18 e CS Sta. Cruz 32CP39.

– Termo municipal: Ourense.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Ramirás.

Cultivo: baldío.

Titular: Ángel Martínez (descoñecido).

Afección: ocupación de 2 m² para o apoio núm. D21-24.

Predio núm. en proxecto: 2.

Lugar: Ramirás.

Cultivo: baldío.

Titular: Ángel Martínez (descoñecido).

Afección: ocupación de 2 m² para o apoio núm. T 21-25.

Predio núm. en proxecto: 3.

Lugar: Ramirás.

Cultivo: baldío

Titular: Ángel Martínez (descoñecido).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. T 21-26.

Predio núm. en proxecto: 5.

Lugar: Cirro.

Cultivo: prado.

Titular: Marcial Nóvoa Fernández (descoñecido).

Afección: ocupación de 10 m² para o apoio núm. T21-29.