Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33544

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a Consellería de Emprego e Igualdade, a Consellería do Medio Rural e a Consellería do Mar para o desenvolvemento de actuacións de recompilación, análise e difusión de información relativa á cadea alimentaria

Regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta de actividades de recompilación, análise e difusión de información relativa á cadea alimentaria.

8.4.2022

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o desenvolvemento dun sistema de información e predición meteorolóxica para a xestión de incendios

Regular o marco común de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o desenvolvemento dun sistema de información e predición meteorolóxica para a xestión de incendios, así como a súa integración na aplicación da Consellería do Medio Rural para a xestión en tempo real dos incendios forestais.

9.2.2022

150.000,00 €

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para o despregamento da Rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Reaxústase o orzamento correspondente ás instalacións financiadas pola Consellería do Medio Rural, detraendo a parte non executada no exercicio 2021 para incorporala ao exercicio 2022.

21.3.2022

276.968,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lourenzá para a concesión dunha axuda para a xestión do Centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte no sector gandeiro

Establecer as condicións en que se concederá unha axuda ao Concello de Lourenzá para conservar e explotar o Centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte no sector gandeiro existente no dito concello.

5.1.2022

24.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xinzo de Limia para a concesión dunha axuda para a xestión do Centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte no sector gandeiro

Establecer as condicións en que se concederá unha axuda ao Concello de Xinzo de Limia para conservar e explotar o Centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte no sector gandeiro existente no dito concello.

12.1.2022

24.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e as comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Corno do Monte, Alta Limia e San Salvador de Sabucedo para a modernización de regadíos

Estender as obras seis meses (ata o ano 2023) e reaxustar o seu financiamento ás anualidades de 2022 e 2023.

5.4.2022

Sen achega económica