Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33381

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do exercicio 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referidos ao cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro cuadrimestre de 2022, a cal se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe (€)

2022

2023

2024

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Saúde de Galicia (CSG) para a posta en marcha dunha oficina técnica xestora dos proxectos integrados do programa denominado «Next Generation Galicia Health»

3.1.2022

298.126,00

Convenio entre a Asociación Clúster da Función Loxística e o Igape para a execución de actividades da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia

12.1.2022

191.153,00

191.153,00

14.594,00

Convenio entre a Fundación Galicia Europa e o Igape para o acollemento dunha persoa bolseira do programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial do Igape na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

18.1.2022

6.000,00

Convenio entre a Gain, o Igape e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para a posta en marcha da iniciativa «Connect Ourense»

20.1.2022

46.700,00

Convenio entre o Igape, a Gain, Xesgalicia e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para a continuidade do foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF)

20.1.2022

193.183,48

322.887,87

276.562,35

Convenio entre o Igape e a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galego de Cataluña e empresarios galegos de Galicia

24.1.2022

20.000,00

Convenio entre a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

9.2.2022

18.000,00

Convenio entre o Igape e a Asociación de Empresarios e Profesionais Galegos de EEUU (Aegusa) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galego de EEUU e empresarios galegos de Galicia

15.2.2022

27.500,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense e o Parque Tecnolóxico de Galicia para a posta en marcha dun polígono virtual

22.2.2022

30.950,00

56.100,00

28.050,00

Convenio entre o Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. e o Instituto Galego de Promoción Económica para a cesión de espazos para a realización do Programa Coworking

22.2.2022

Sen achega económica

Convenio entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a realización de actividades formativas e de titorización de proxectos na Cidade da Cultura de Galicia

7.3.2022

Sen achega económica

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a celebración do programa de aceleración para a internacionalización de pemes «Galicia Avanza»

31.3.2022

234.000,00

366.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Cluster Naval de Galicia para a organización conxunta de actividades na Feira Navalia 2022

5.4.2022

24.500,00

Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Igape e as SGR´s (Financiamento Igape-pemes)

11.4.2022

3.500.000,00

500.000,00

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedad Gestora de Entidades de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para a continuidade da Aeronautics Business Factory-BFAero

12.4.2022

399.799,50

436.756,00

65.000,00

Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia (CFV) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a mellora das competencias directivas

20.4.2022

119.850,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia para a creación dun centro de seguimento das licitacións internacionais

26.4.2022

93.812,85

113.706,45

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia para o fomento da xestión da «compliance»

26.4.2022

17.550,00

24.950,70

2ª Addenda ao convenio, asinado o 15 de setembro de 2021, entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para a posta en marcha da iniciativa «Connect Lugo»

26.4.2022

Sen achega económica