Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33380

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2022 polo que se declaran festas de interese turístico de Galicia o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe (Aguiño, Ribeira), a Festa das Sopas de Burro Canso (Muíños) e a Festa da Bica (A Pobra de Trives).

En cumprimento do disposto no artigo 18 do Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a Dirección da Axencia Turismo de Galicia dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de maio de 2022, que a seguir se transcribe:

«Declarar festas de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe (Aguiño, Ribeira), a Festa das Sopas de Burro Canso (Muíños) e a Festa da Bica (A Pobra de Trives)».

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia