Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, anuncio publicado no DOG nº 102, do 30 de maio de 2022. Advertidos erros na dita resolución, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal consonte a Resolución da Alcaldía, do 27 de maio de 2022, seguinte:

A) Disposición adicional sexta da Lei 20/2021:

Grupo de clasificación-Denominación-Situación actual-Sistema de acceso-Vacantes.

III-Administrativo-Ocupada-Concurso-1.

IV-Auxiliar administrativo-Ocupada-Concurso-1.

I-Axente de emprego e desenvolvemento local-Ocupada-Concurso-1.

I-Educadora de familia-Ocupada-Concurso-1.

V-Limpadora-Ocupada-Concurso-3.

IV-Condutor-Encargado servizos múltiples-Ocupada-Concurso-1.

IV-Condutor-Operario tractorista forestal-Ocupada-Concurso-1.

IV-Condutor-Operario servizos múltiples- Ocupada-Concurso-1.

IV-Auxiliar SAF-Ocupadas-Concurso-4.

III-Mestre música-Ocupadas a tempo parcial- Concurso-2.

II-Traballador/a social-Ocupada-Concurso-1.

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Veiga, 31 de maio de 2022

Juan Anta Rodríguez
Alcalde