Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2017/0267-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible efectuala, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2017/0267-4.

Acta: I362017000082038.

Empresa: UTE Puente de Rande.

Enderezo: Wenceslao Fernández Flórez, 1, 1º, A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 14.2 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laboráis, e artigo 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde laboral nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.23.a) e 39.3.a) e c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 28.4.2022.

Resolución: anular a acta de infracción núm. I362017000082038, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida estender unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 20 de maio de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra