De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
RA/IGVS/CMATV/2020/00096 |
Nadia Daanouni |
Resolución recurso de alzada |