Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN661A 2010/5-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2010/5-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 23 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2010/5-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

192

Ramona Canosa Pérez

489/2022

21,78 €

193

Dolores Oreiro Pérez

488/2022

30,16 €