Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lles afecta.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 16 de maio de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Acto notificado

32415510T

RDX 1/03/22

32212254H

RDX 1/03/22