Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de maio de 2022 polo que se notifica a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre COL/48/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 28 de abril de 2022, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade polas obras realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre sen a preceptiva autorización autonómica, consistentes na construción dunha vivenda, alpendre e peche no lugar de Aguieira, no termo municipal de Porto do Son, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 33266954F, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, no caso de que non tivese por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse, de conformidade co disposto no artigo 211.8 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas, e no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para que conste, e sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística