Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de maio de 2022, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de danos e perdas causados ao dominio público viario con código 113/2021-CO.

Tras intentar a notificación do devandito acto administrativo, nos termos do artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), esta non puido ser practicada.

Polo que, de conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, por medio deste anuncio sonlles notificadas as resolucións, relativas aos expedientes de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG núm. 132, do 12 de xullo), ás persoas que se relacionan no anexo.

Segundo establece o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas, poderán comparecer no lugar e no prazo que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo, sen que estas comparecesen, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o xefe deste servizo provincial ou ante o director da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da LPACAP.

Tras o transcurso do dito prazo sen que formulasen o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

A Coruña, 3 de maio de 2022

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Estrada

113/2021-CO

45842251N

AC-400, p.q. 68+000