Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 29 de marzo de 2022 relativa ao parque eólico Acibal, nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña, promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/6-4).

Mediante a Resolución do 29 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de marzo de 2022, polo que se outorga autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña, promovido pola sociedade Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/6-4).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa/s interesada/s

Acto que se notifica

MVMC de Sorrego Portopereiro

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

César Pérez Gestido, en representación da Asociación do Monte Galego

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

María Brasilia Louro Lago, en representación do Comité de Defensa das Rías Altas

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

Alicia López Pardo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública