Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2021-125 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 12 de maio de 2022

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

OU-RES-2021-125

Juan Antonio Navarro Echevarría

Resolución

Pola xefa territorial

OU-RES-2021-130

Lucian Chifor

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2022-006

Herdeiros de Lorenzo Selas Rafaela

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2022-024

Lorenzo Gabarre Montoya

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2022-047

Mihai Butuluc

Acordo

Pola xefa territorial