O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: 2020-IPPC-M-70.
Núm. da autorización ambiental integrada: 2015-IPPC-99-309.
Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.ii, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Titular: Piensos Nanfor, S.A.
Enderezo da instalación: estrada N-VI, km 517,7, Santo Estevo de Uriz, Begonte (Lugo) (ref. da parcela 27007A174001470000QP).
Actividade principal: fabricación de produtos para a alimentación de animais de granxa.
Verteduras: as augas residuais sanitarias trátanse nunha fosa séptica para a súa posterior infiltración ao terreo. As augas industrias do proceso (resultantes da purga da caldeira) arrefríanse e infíltranse no terreo. As augas pluviais de escoamento interior canalízanse de forma segregada para infiltrarse ao terreo. Todas estas verteduras están autorizadas.