Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de maio de 2022 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/83/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de abril de 2022, resolución en que se declara que as obras consistentes na instalación dun mesado con grella, na execución dunha construción de planta baixa dividida en dous cuartos e na instalación dunha carpa reforzada con elementos de madeira, que conforman un conxunto coas características propias dun uso de lecer, ou de esparexemento, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, asimilable ao uso residencial e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, levadas a cabo no lugar de Regueira, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade 33837569S e a María Luz González García, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles as persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas , expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística