Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domiclio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: requamento LMT GON815 no Cruceiro.
Situación: Baiona.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 47 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9Q3VLWLG//18-5 na LMT GON815 e final no centro de transformación Cruceiro Baíña.
LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 431 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9Q0PU6XE//16 e final no apoio existente 9Q3VLWLG//18-5.
A instalación está situada no Cruceiro, Baíña, Baiona.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 6 de maio de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra