Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo do Val

ANUNCIO da aprobación de ofertas do emprego público.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 19 de maio de 2022, acordou revogar outra do 24 de marzo de 2022 (da cal se publicou un edicto no BOP núm. 72, do 29 de marzo de 2022, que queda sen efecto), e, simultaneamente, confirmar nos seus termos outra Resolución do 22 de setembro de 2021 da cal tamén se publicou un anuncio no BOP núm. 228 (cuxo contido se mantén plenamente).

Consecuentemente, en virtude da primeira resolución citada, acordouse:

Primeiro. Manter nos seus termos e continuar coa OEP de consolidación de emprego deste concello para o ano 2021, ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (que aprobou a Alcaldía mediante a Resolución do 22 de setembro de 2021 e que se anunciou no BOP de Ourense núm. 228, do 2 de outubro de 2021), de acordo co seguinte:

OPE de consolidación de emprego do Concello de Castrelo do Val para 2021.

Persoal laboral fixo:

Grupo: A2.

Escala: Administración especial.

Subescala: técnica.

Vacantes: unha.

Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Segundo. Aprobar a oferta de emprego público de estabilización de emprego que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de acordo co seguinte:

OPE de estabilización de emprego do Concello de Castrelo do Val para 2022.

Persoal laboral fixo:

Grupo: IV.

Vacantes: unha.

Denominación: oficial de servizos varios.

Sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e 205 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, publícanse as anteriores ofertas de emprego público do Concello de Castrelo do Val, tanto no BOP de Ourense como no Diario Oficial de Galicia, así como na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello.

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

Castrelo do Val, 23 de maio de 2022

Vicente Gómez García
Alcalde