Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 22.4.2022, acordou o nomeamento como funcionario de carreira para ocupar unha praza de enxeñeiro técnico industrial (escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, grupo A, subgrupo A2 de titulación), incluída na OEP do ano 2017 pola quenda libre, de:

• A. Lorenzo García, DNI ***9665**.

O interesado deberá tomar posesión no prazo de 1 mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. No caso de non facelo procederase a declaralo en situación cesante e consecuentemente decaído no seu dereito.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 26 de abril de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía 16.4.2021 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación,
Patrimonio e Xestión Municipal