Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 22 de abril de 2022, acordou o nomeamento como funcionario de carreira para ocupar unha praza de técnico de Administración xeral-rama xurídica (escala Administración xeral, subescala técnica, clase superior, grupo A, subgrupo A1 de titulación), incluída na OEP do ano 2017, por promoción interna, de:

– O. Couce Senra, DNI ***7783**.

O interesado deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non facelo, procederase a declaralo en situación cesante e, consecuentemente, decaído no seu dereito.

Publicar o nomeamento consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 26 de abril de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía 16.4.2021; Acordo da Xunta de Goberno Local 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal