Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31810

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2022 por esta fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

21.2.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración para poñer en funcionamento esta «Factoría de industrias culturais e creativas».

24.2.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Bancaria Caixa D’estalvis i Pensions de Barcelona, «La Caixa», para a instalación da exposición «Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924/2020», na sala 2 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

7.3.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Igape para o desenvolvemento de actividades formativas e de titorización de proxectos no CEM.

8.3.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Concello de Lalín para a exposición temporal «Foi un home. Laxeiro en Buenos Aires, 1950-1970».

8.3.2022

0,00 €

Convenio de colaboración para poñer en funcionamento a «Comtecart. Residencia de creación tecnolóxica» na Cidade da Cultura de Galicia.

22.2.2022

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

15.3.2022

0,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Fundación Cidade da Cultura para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de máster en xestión do patrimonio artístico, arquitectónico, museos e mercado da arte.

1.4.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando para a exposición temporal «Foi un home. Laxeiro en Buenos Aires, 1950-1970».

19.4.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Federación Galega de Xoves Empresarios para a promoción de actividades conxuntas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia