Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31811

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo correspondentes á oferta de emprego público 2020 e 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 939/2020, do 27 de octubre, e o Real decreto 636/2021, do 27 de xullo, polos que se aproban as ofertas de emprego público para os anos 2020 e 2021, realiza convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de encargado de mantemento (GII BII N6).

– 1 praza de administrativo (GIII BII N3).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 20 de maio de 2022

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo