Mediante a Resolución de Alcaldía, do 13 de maio de 2022, adoptouse o seguinte acordo en relación coa oferta de emprego público do ano 2022 do Concello de Guitiriz:
Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén os seguintes postos de traballo que se deberán convocar no prazo máximo de tres (3) anos:
Oferta ordinaria:
Persoal funcionario:
Denominación Grupo Escala Subescala |
Nº vacantes |
Acceso |
Sistema selección |
Técnica de emprego e desenvolvemento local-A2 Administración xeral escala técnica. Ficha número 04 da RPT (código 04 da RPT) |
1 |
Promoción interna |
Concurso-oposición |
Persoal laboral fixo:
Denominación |
Nº vacantes |
Acceso |
Sistema selección |
Peón de SM, ficha nº 21 (código 76) |
1 |
Libre |
Oposición libre |
Traballador/a social SAF, ficha nº 35 (código 75 da RPT) |
1 |
Libre |
Oposición libre |
Oferta de emprego público extraordinaria de estabilización de emprego do Concello de Guitiriz de conformidade co disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, co seguinte detalle:
Persoal funcionario:
Denominación |
Nº vacantes |
Acceso |
Sistema selección |
Administrativo C1. Escala Administración xeral. Subescala Administrativa, ficha 8 da RPT, código 11 |
1 |
Libre |
Concurso |
Persoal laboral fixo:
Denominación |
Nº vacantes |
Acceso |
Sistema selección |
Técnica de turismo Ficha 34 da RPT (código 74) A2 |
1 |
Libre |
Concurso |
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que se considere procedente.
Guitiriz, 13 de maio de 2022
María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa