Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2021/74 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9. 27003 Lugo.

Denominación: LSAT, novo CT telemandado Os Carballás e reforma do CT 5786 G. Escolar Xove.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas principais:

• LMT aérea de alta tensión 20 kV aluminio, con orixe no apoio A65645 (existente) e final no apoio P-1 proxectado tipo C-4500-16 en substitución do 222041, en condutor LA-110 existente, cunha lonxitude de 99 metros.

• LMT soterrada 20 kV aluminio, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio metálico P-1 proxectado e final no novo CT telemandado Os Carballás, cunha lonxitude de 35 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada 20 kV aluminio, con orixe no novo CT telemandado Os Carballás e final no CT4534 Baamonde Illade 16, cunha lonxitude de 520 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada 20 kV aluminio, con orixe no novo CT telemandado Os Carballás e final no CT 5786 G. Escolar Xove, cunha lonxitude de 1.190 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado telemandado Os Carballás, cunha potencia proxectada de 630 kVAS e unha potencia instalada de 50 kVAS, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma do CT prefabricado 5786 G. Escolar Xove, cunha potencia máxima admisible de 630 kVAS e unha potencia instalada de 250 kVAS, consistente na substitución do edificio prefabricado de formigón por outro de tipo Prephor serie 4250, a instalación de tres celas de liña telemandadas e unha de protección do CT e a instalación do transformador existente de 250 kVAS.

• Desmontaxe do actual CTI 2042 Carballás, do edificio prefabricado do CT 5746 G. Escolar Xove, de 25 metros de condutor tipo LA-56, de 350 metros de condutor LA-110 e de 30 metros de RHZ1-150.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 224.720,74 euros.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Xove.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Lugo, 6 de maio de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo