Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31066

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que aos titulares dos bens que se relacionan resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Datos do propietario

Nº de expediente

Referencia catastral

Localización

Superficie

m2

Barandela Grande, Modesto

1183/2021

32076A005000610000UW

Outeiro Calvo

301 m2

Barandela Grande, Benjamín

1183/2021

32076A005000620000UA

Outeiro Calvo

364 m2

Barandela Grande, Josefa

1183/2021

32076A005000640000UY

Outeiro Calvo

373 m2

34411003J

1183/2021

32076A005000630000UB

Outeiro Calvo

473 m2

34557849G

1227/2021

32076A057006350000UF

A Torre

Soutopenedo

174 m2

Dorrego Canal, José Luis

1227/2021

32076A057002340000US

A Torre

Soutopenedo

157 m2

Dorrego Canal, José Luis

1227/2021

32076A057002340001ID

A Torre

Soutopenedo

62 m2

Araújo Santas, Juan Bautista

1227/2021

32076A057002150000UP

A Torre

Soutopenedo

275 m2

En investigación

1208/2021

32076A001003210000UQ

San Cibrao das Viñas

65 m2

32101493W

1411/2021

32076A029009020000UI

Santa Cruz

178 m2

34580173H

891/2021

32076A026001510000UU

A Carballeira

7.431 m2

34580173H

891/2021

32076A026001520000UU

A Carballeira

2.320 m2

34596334X

1232/2021

32076A019002570000UT

Os Muíños

1.436 m2

Domínguez Gómez, Mari Paz

1254/2021

32076A057004420000UL

O Prado Soutopenedo

889 m2

76682830W

917/2021

32076A056004410000UK

Soutopenedo

2.338 m2

34916956N

917/2021

32076A056006090000UU

Soutopenedo

2.322 m2

Domuro Caganete, José

966/2021

32076A002002160000UJ

San Cibrao das Viñas

7.694 m2

En investigación

966/2021

32076A001002860000UY

San Cibrao das Viñas

1.433 m2

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da última publicación desta notificación no BOE e no DOG.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva, unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

4º. No caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellaría competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 euros (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

San Cibrao das Viñas, 5 de maio de 2022

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde