Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30938

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 13 de maio de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.

O Decreto 266/2007, do 28 decembro, polo que se regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 13.1 que a dirección dos centros integrados de titularidade pública será provista polo procedemento de libre designación. No caso dos centros integrados de titularidade da Administración educativa, o nomeamento efectuarase entre funcionarios e funcionarias docentes, consonte os principios de mérito, capacidade e publicidade, logo do informe dos órganos colexiados do centro.

O Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, establece no seu artigo 8 que a dirección dos centros integrados de formación profesional de titularidade pública será provista polo procedemento de libre designación entre o persoal funcionario docente. No procedemento para o nomeamento da dirección rexerán os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade. En todo caso, o procedemento resolverase logo do informe non vinculante dos órganos colexiados.

Pola súa banda, a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regulan a organización e o funcionamento do Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia, no seu artigo 1 define o Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia como o órgano de participación que impulsa a colaboración entre a sociedade galega e estes centros mediante a determinación das necesidades do seu contorno, coa finalidade de contribuír eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia, á mellora da calidade do servizo público da formación profesional e á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira.

A mesma norma define no seu artigo 2 as funcións do órgano e inclúe na súa letra e) a de emitir informe das candidaturas con carácter previo ao nomeamento do director ou da directora do centro.

A disposición adicional segunda da Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, establece a delegación, na persoa responsable da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, do nomeamento das persoas responsables da dirección dos centros integrados de formación profesional.

Ao existiren centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos cales a dirección remata proximamente o seu mandato, e de acordo co que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Anunciar a convocatoria para nomear, polo sistema de libre designación, a dirección dos centros públicos integrados de formación profesional pertencentes á Rede de centros integrados de formación profesional que se relacionan no anexo I.

Artigo 2. Requisitos das persoas candidatas

Para participar nesta convocatoria deberanse reunir os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

Artigo 3. Solicitudes

A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e presentarase no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

No caso de que se opte por presentar a solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Artigo 4. Documentación

Os aspirantes deberán xuntar á solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Non se terán que presentar aqueles documentos xustificativos de méritos alegados e xa achegados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non se terán en conta.

Artigo 5. Nomeamento

1. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderanse declarar desertas as direccións, de se considerar oportuno.

2. O Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia e o claustro de profesorado emitirán informe sobre as candidaturas que se presenten, no prazo dos cinco (5) días hábiles seguintes ao de remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe terceira desta orde.

3. A non emisión do informe referido no punto anterior non impedirá a resolución do procedemento.

4. O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nomeará directores ou directoras aqueles candidatos seleccionados na resolución desta convocatoria.

Artigo 6. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicional única

Resulta de aplicación ás persoas directoras dos centros integrados de formación profesional o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, polo que se regula a consolidación parcial do complemento específico de dirección de centros escolares públicos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Relación de centros integrados de formación profesional

Provincia

Concello

Código de centro

Centros integrados de formación profesional

A Coruña

Culleredo

15005749

CIFP Universidade Laboral

Ferrol

15021469

CIFP Leixa

Pontedeume

15025682

CIFP Fraga do Eume

Ourense

Ourense

32015050

CIFP A Farixa

Pontevedra

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

ANEXO II

Solicitude de participación na convocatoria de libre designación para a selección e o nomeamento da dirección de centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, número, piso)

Localidade

Código postal

Concello

Provincia

Teléfono

Teléfono móbil

Correo electrónico

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Centro de destino definitivo

Corpo/escala a que pertence

Especialidade

Destino provisional

Centro de destino provisional

Corpo/escala a que pertence

Especialidade

3. Centros integrados de formación profesional que solicita por orde de preferencia.

Orde

Código

Centro

Concello

Provincia

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a na convocatoria de libre designación para a selección e o nomeamento da dirección dos centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e DECLARA que son certos os datos consignados e que reúne as condición exixidas.

.................................................., ...................... de ............................... 2022

Sinatura do solicitante

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional