Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican a un interesado as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, de instalacións eléctricas no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/149-3).

Mediante a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no Concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/149-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Dolores Quevedo González, titular do predio número 1 dos afectados, para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense