Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmaselles da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI, RBT Augapesada II, no concello de Ames (expediente IN407A 2021/150-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.
A Coruña, 9 de maio de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/150-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA, CTI, RBT Augapesada II.
Concello: Ames.
Predios |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
2, 4, 5 |
Descoñecida |
26.5.2022 |