Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2021/51-1, no concello de Narón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmaselles da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBT na avenida Miguel de Cervantes, no concello de Narón (expediente IN407A 2021/51-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 9 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/51-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBT avenida Miguel de Cervantes.

Concello: Narón.

Predio

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

María Teresa Vizoso García

26.5.2022