Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do cemiterio de Vilaseca.

O Pleno, na súa sesión do 5 de maio de 2022, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións relativo ao cemiterio de Vilaseca.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, determínase expresamente a área afectada.

Esta eventual suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos, contados desde a dita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

O citado plan especial, así como o expediente administrativo de que deriva, sométense ao trámite de información pública durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios.

Lugar e horario de exhibición: Concello de Trasmiras, na casa do concello, de luns a venres (agás os festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

Trasmiras, 16 de maio de 2022

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde