Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da orde de execución e xestión da biomasa no monte de Paradela.

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Por iso, logo de non ser posible a notificación do acto que se indica a seguir, publícase o presente anuncio.

Infórmase de que o texto íntegro se atopa á disposición das persoas interesadas, xunto co resto da documentación do expediente na Xerencia de Urbanismo, situada na casa do concello, na praza Ravella 1, 4º andar, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOE.

Expediente de orde de execución: MA 19/21 e MA OE 18/22. Resolución da Alcaldía, do 18 de abril de 2022, pola que se inicia un expediente de orde de execución aos titulares da parcela (referencia catastral polígono 43, parcelas: 645/644/643/642/641/628/627/625/638/866/626/636/635/634/556), sitas no lugar de monte de Paradela, requiríndolles que, no prazo máximo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, procedan ao cumprimento do deber de rozadura da maleza, de eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera outra especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde