Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30536

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2022.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2022, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña e a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia estatística.

Convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Instituto Galego de Estatística para a subministración de información con fins estatísticos.

13.1.2022

29.3.2022

0 €

0 €