Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2022 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños Pica e Loli.

Logo de ser visto o expediente e ser instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas Pica e Loli, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 3 de marzo de 2022, José Antonio Estévez Rey (***3280**), Juventina Soutullo Lores (***0791**) e Joaquín Fariña, S.L. (B36050060) solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Pica e Loli.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022, sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001, pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

Logo de se veren os antecedentes citados, e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve outorgarlles a José Antonio Estévez Rey (***3280**), Juventina Soutullo Lores (***0791**) e Joaquín Fariña, S.L. (B36050060) a autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Pica.

Especies: ostra plana (Ostrea edulis) e, con carácter temporal e experimental, ostra rizada (Magallana gigas).

Localización: cuadrícula nº 23.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titulares: José Antonio Estévez Rey (***3280**) e Juventina Soutullo Lores (***0791**).

Subtipo: batea.

Nome: Loli.

Especies: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ostra plana (Ostrea edulis), ostra rizada (Magallana gigas) e vieira (Pecten maximus).

Localización: cuadrícula nº 96.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Joaquín Fariña, S.L. (B36050060).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Pica.

Localización: cuadrícula nº 96.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Loli.

Localización: cuadrícula nº 23.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico pertencente á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de abril de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo