Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2021-00009397 e un máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través da persoa que as represente legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8 B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que de non facer a emenda no prazo de dez días, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, terase por desistida da solicitud, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2021-00009397

120314210

Requirimento de emenda da solicitude do 28.10.2021

BS403B-2021-00011741

Y8896088R

Requirimento de emenda da solicitude do 17.1.2022