Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30241

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se inscribe a Asociación Cultural Plana Sunt in Agros et Orippo y Valme, Amigos del Camino de Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Asociación Cultural Plana Sunt in Agros et Orippo y Valme, Amigos del Camino de Santiago presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 28 de setembro de 2021.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

– Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

– Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 9 de maio de 2022 sobre a solicitude, en que se constata que a Asociación Cultural Plana Sunt in Agros et Orippo y Valme, Amigos del Camino de Santiago persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Plana Sunt in Agros et Orippo y Valme, Amigos del Camino de Santiago sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 228.

Réxime de recursos:

A presente resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpor potestivamente un recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, ante esa orde xurisdicional.

Non se poderá interpor en ningún caso recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de ter sido presentado, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. O anterior é acorde co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 21.3.2019)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural