Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30235

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade a relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, procédese á corrección de erros da Resolución do 14 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro de 2022), de xeito que se engade á listaxe anexo dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021 por esta consellería o que se sinala no anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Cemma para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e estudo das causas de morte destes animais

3 de xaneiro de 2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Asociación de Educación Ambiental do Consumidor (Adeac) para o desenvolvemento da campaña Bandeira Azul 2022 en Galicia

Desenvolvemento da campaña Bandeira Azul 2022 en Galicia

4 de xaneiro de 2022

40.000,00 €

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Nogueira de Ramuín para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

4 de xaneiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 3 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

4 de xaneiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos

A concesión de axudas directas en orde a garantir a execución do Programa de impulso á rehabilitación dos edificios públicos (PIREP) que persegue a rehabilitación sustentable do parque público institucional de comunidades/cidades autónomas para todo tipo de edificios de titularidade pública e uso público

10 de xaneiro de 2022

Sen achega económica

Acordo polo que se dispón a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural a favor da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Recollida e destrución de niños de vespa velutina durante o exercicio orzamentario de 2022

18 de xaneiro de 2022

175.000,00 €

Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento da análise da incidencia do cambio climático na costa galega, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Modifícase a cláusula terceira sobre financiamento, a cláusula cuarta sobre xustificación e pagamento; a cláusula sétima sobre vixencia e prórroga; e no anexo II modifícase a táboa do punto 1.1

19 de xaneiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para promover a accesibilidade e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas accións de difusión e comunicación realizadas pola consellería nos espazos naturais de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas e Xordo-Cegas co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e

xordo-cegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do ambiente desenvolvidas pola consellería no seu ámbito de actuación, especialmente as relativas aos espazos naturais protexidos da Comunidade Autónoma Galega, impulsando medidas que promovan a igualdade de oportunidades e a non discriminación, así como contar coa participación e o servizo especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia nas accións de comunicación, difusión e similares que realice a consellería, mediante o servizo de intérprete de lingua de signos española e guías-intérpretes para persoas xordo-cegas

20 de xaneiro de 2022

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas de biosfera

Establecer as condicións polas que se rexera a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Ceida para a realización de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formativas e de comunicación, así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación da Rede galega de reservas da biosfera

20 de xaneiro de 2022

112.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Begonte para a reforma e acondicionamento de instalacións para escola de música, conservatorio e auditorio

Establecer as bases de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Begonte para a reforma das edificacións que actualmente conforman o CEIP de Baamonde para o seu acondicionamento como escola de música/conservatorio, así como para a construción dun auditorio, na localidade de Baamonde, concello de Begonte

27 de xaneiro de 2022

349.312,90 €

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda e o Concello de Boborás para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

8 de febreiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

8 de febreiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 3 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

8 de febreiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda para o desenvolvemento dun sistema de información e predición meteorolóxica para a xestión de incendios

Regular o marco común de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o desenvolvemento dun sistema de información e predición meteorolóxica para a xestión de incendios, así como a súa integración na aplicación da Consellería do Medio Rural para a xestión en tempo real dos incendios forestais, XeoCode

9 de febreiro de 2022

Sen achega económica

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

16 de febreiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

16 de febreiro de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade colaboradora de pesca Asociación Deportiva de Río e Mar

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade colaboradora Asociación Deportiva de Pesca Río e Mar para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais. O tramo de río obxecto deste convenio é o couto de pesca denominado Baio no río Grande

23 de febreiro de 2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia da Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra

O obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para dar continuidade ao traballo desenvolvido na educación secundaria e na educación primaria e infantil, así como na formación á cidadanía reforzando e consolidando a presenza do Proxecto Terra e abrindo novas liñas de actuación que permitan optimizar os recursos dispoñibles cara á mellor consecución dos obxectivos que se pretenden, realizando actividades de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre os espazos e lugares que habitamos, a paisaxe e o dereito ao hábitat, sinaladamente mediante asistencia científica e técnica e intercambio de experiencias con fins de formación e información, coa finalidade de formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía en xeral, e dos técnicos e entidades competentes en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio e a súa repercusión na conformación das paisaxes do presente e do futuro

28 de febreiro de 2022

320.000,00 €

Acordo unánime de resolución por mutuo acordo do acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Monterrei

Resolver de mutuo acordo o convenio do 14 de xaneiro de 2020 asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

28 de febreiro de 2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade colaboradora de pesca Club Gallaecia Pesca a Mosca

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade colaboradora Club Gallaecia Pesca a Mosca para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais. O tramo de río obxecto deste convenio é o couto de pesca denominado Codeseda no río Umia

1 de marzo de 2022

Sen achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondoñedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondoñedo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de parcelas na rúa Rigueira-Río de Sixto

3 de marzo de 2022

32.365,34 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Carballedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Carballedo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento dos accesos á ruta de Salgueirón

4 de marzo de 2022

79.107,17 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e O Concello de Folgoso do Courel para a adecuación da área recreativa de Mogoxe

Modificación das cláusulas do convenio: cláusula cuarta (financiamento), cláusula quinta (réxime de xustificación), cláusula sexta (pagamentos anticipados e á conta) e a cláusula novena (vixencia)

23 de marzo de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Larouco para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Larouco, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora no acceso ao núcleo de Seadur

11 de abril de 2022

62.897,62 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado

Establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade da Coruña curriculares e extracurriculares, sexan presenciais ou telemáticas, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, adscritas ao cumprimento das funcións e competencias en materia científico-ambiental e en materia de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, así como en avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental para o logro da axeitada protección ambiental

11 de abril de 2022

Sen achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Viana do Bolo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Viana do Bolo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rehabilitación da praza de abastos

13 de abril de 2022

553.280,27 €

Addenda número 1 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Marín para a construción do novo equipamento sociocultural

Modificación do contido da cláusula segunda -compromisos da Xunta de Galicia- e da cláusula décimo terceira -vixencia do convenio- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

18 de abril de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia

22 de abril de 2022

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting para a realización de actividades a favor dos ecosistemas acuáticos e a riqueza piscícola en Galicia para o ano 2022

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Pesca e Casting a través da organización e celebración de competicións deportivas oficiais de pesca continental, actuacións de formación e posta en marcha de escolas de río da nova Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, na Comunidade Autónoma de Galicia

25 de abril de 2022

25.000,00 €

ANEXO II

Corrección erros da Resolución do 14 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021. Engádese á listaxe o convenio seguinte:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para o desenvolvemento de actuación de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

Regular as condicións da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

23 de decembro de 2021

73.503,36 €