Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de maio de 2022 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.B36.71296 e oito máis).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de autorización DH.B36.71296 e oito máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que se poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

clave

DNI/NIE do interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.B36.71296

X7687610K

22.3.2022

Favorable

DH.W15.79941

79314877K

18.1.2022

Arquivamento

DH.B36.72797

76849765A

15.11.2021

Favorable

DH.W36.71750

52490099M

23.9.2021

Favorable

DH.W15.78986

52456683P

7.10.2021

Favorable

DH.A15.18568

76459033H

2.6.2021

Arquivamento

DH.W15.64841

32325613X

18.4.2021

Arquivamento

DH.A15.23090

33145823V

4.11.2021

Favorable

DH.B36.67947

76801133Q

2.6.2021

Favorable