Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de maio de 2022 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.76013.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos membros da comunidade de herdeiros da persoa titular do NIF/NIE 32506295G a Resolución do 24 de xaneiro de 2022 ditada no procedemento sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.76013.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que se poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia