Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 29858

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 125/2021, do 16 de setembro, polo que se aproba a agrupación voluntaria entre os concellos de Abegondo, Bergondo e Carral para o mantemento en común do posto de traballo de tesouraría.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 187, do 28 de setembro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 47531, no punto segundo da parte dispositiva, onde di: «Complemento de agrupación: 45 % do complemento específico»; debe dicir: «Complemento de agrupación: 45 % do complemento de destino (que se aboará en concepto de complemento específico)».