Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29618

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir sesenta e cinco prazas da categoría profesional de auxiliar técnico/a de servizos, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de decembro de 2021, convócanse probas selectivas para cubrir sesenta e cinco prazas na categoría profesional de auxiliar técnico/a de servizos, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, e noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ana María Cepeda Lueiro, nomeada vogal titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a Carlos Casado Martíns, persoal laboral fixo do grupo IV1 da USC, como vogal titular en substitución de Ana María Cepeda Lueiro.

Terceiro. Nomear a Xosé Ramón Blanco Montero, persoal laboral fixo do grupo IV1 da USC, como vogal suplente en substitución de Carlos Casado Martíns.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela