Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29430

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 5 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais (programa A) e para a mellora das coleccións no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (programa B), ambas en formato físico, e se convocan para o ano 2022 para adaptala ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento CT235A).

BDNS (Identif.): 608509.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do importe das axudas

O programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas en formato físico pasa a ser financiado polos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e, como consecuencia disto, a súa contía increméntase e pasa de 350.000 euros a 550.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.760.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Segundo. Bases reguladoras

Orde do 5 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais (programa A) e para a mellora das coleccións no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (programa B), ambas en formato físico, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT235A), para adaptala ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade