Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 29 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2021/00686 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 29 de abril de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2021/00686

76828765W

PO-2021/00686

77409091S

PO-2022/00095

49331861N

PO-2022/00095

AX795381