Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29451

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2022 pola que se dá publicidade a varias encargas realizadas ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas ao medio propio:

1. Resolución do 20 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA). Anualidade 2022. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar soporte técnico e labores de auxilio nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), que realiza de forma continua a unidade xestora dentro da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Trátase de actuacións de carácter técnico e de servizos que non supoñen cesión de titularidade de competencias nin dos elementos substantivos do seu exercicio, non comprendendo actos que poidan supoñer o exercicio de potestades públicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e catro mil seiscentos oitenta e cinco euros con vinte e cinco céntimos (184.685,25 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B 640.4 (código de proxecto 2009 00759).

2. Resolución do 20 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio no Plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp. e Tecia solanivora) na Comunidade Autónoma de Galicia. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no Plan de control e/ou erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia (Bursaphelenchus xylophilus, Epitrix spp, Tecia solanivora, Trioza erytreae) e loita contra a Arvicola Sherman, así como todas as establecidas no Regulamento delegado (UE) nº 2019/1702 de pragas prioritarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setecentos corenta e oito mil trescentos oitenta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (1.748.387,56 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.713E 640.1 (código de proxecto 2009 00724), 14.04.712B 640.4 (código de proxecto 2009 00759) e 14.04.713E 604.1 (código de proxecto 2012 00745).

3. Resolución do 22 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona de demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena para o ano 2022 nas provincias de Pontevedra e Ourense. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: executar os traballos e medidas para o seguimento e mantemento de actuacións para a erradicación do nematodo do piñeiro, en pés sintomáticos, dando continuidade ás actuacións que se veñen realizando desde o ano 2010 na zona demarcada (a zona está constituída pola zona demarcada, superficie comprendida nun raio entre 1,5 e os 20 km desde o foco en que se detectou a presenza de Bursaphelenchus xylophilus e franxa tampón de 20 km coa fronteira con Portugal e por ampliación do raio da zona demarcada).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón catrocentos corenta e seis mil douscentos oitenta e seis euros con trinta e tres céntimos (1.446.286,33 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E 604.1 (código de proxecto 2012 00745).

4. Resolución do 22 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo de mantemento e cría do parasotoide Tamarixia dryi para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mantemento de liñas xenéticas e cría do parasitoide Tamarixia dryi, para o control biolóxico da praga de Trioza erytreae que afecta os cítricos. Preténdese, por unha banda, asegurar un reservorio de Tamarixia dryi coa suficiente diversidade biolóxica para manter a cría ao longo prazo e, por outra banda, multiplicar a grande escala o parasitoide e subministrar regularmente individuos de Tamarixia para a súa solta no territorio onde exista a presenza de cítricos afectados pola praga de Trioza erytreae.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e un mil setenta e nove euros con setenta e sete céntimos (191.079,77 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.712B 640.4 (código de proxecto 2009 00759) e 14.04.713E 604.1 (código de proxecto 2012 00745).

5. Resolución do 23 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos programas de sanidade e produción animal 2022. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos programas de sanidade e produción animal en Galicia durante o ano 2022.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de seis millóns trinta e cinco mil trescentos corenta e un euros con setenta e catro céntimos (6.035.341,74 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E 640.1 (códigos de proxecto 2010 00977 e 2013 00713).

6. Resolución do 23 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de 42 pozos para captación de augas subterráneas con destino ao regadío de 4 comunidades de rega da Limia (Xinzo de Limia-Ourense). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: construción de 42 pozos de sondaxe para a captación de augas subterráneas con destino á rega das comunidades de regantes da Limia: Lamas Gandade, Alta Limia, Como do Monte e San Salvador de Sabucedo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 8 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de tres millóns setecentos doce mil novecentos trinta euros con setenta e tres céntimos (3.712.930,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2017 00035).

7. Resolución do 31 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia. Anualidade 2022. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestación de servizos técnicos de apoio relativos á xestión dos seguintes expedientes de axudas:

a) Instalación de agricultores mozos.

b) Utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.

c) Modernización das explotacións agrarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e tres mil catrocentos vinte e nove euros con noventa e oito céntimos 63.429,98 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 640.2 (código de proxecto 2016 00184).

8. Resolución do 4 de xaneiro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para a definición e cálculo dos custos simplificados que se aplicarán nas medidas do PDR de Galicia, financiado coa medida 20 asistencia técnica do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización de traballos técnicos de deseño e establecemento dun sistema de custos simplificados (OCS) que se aplicará en distintas medidas do PDR de Galicia 2014-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de febreiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos tres mil catrocentos vinte e cinco euros con cincuenta e sete céntimos (303.425,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 640.2 (código de proxecto 2016 00184).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural