O alcalde, mediante o Decreto do 10 de maio de 2022, acordou:
Primeiro. Aprobar a oferta extraordinaria de emprego público deste concello para o ano 2022, para a estabilización de emprego temporal, que contén as seguintes prazas:
Denominación praza |
Categoría |
Nº prazas |
Xornada |
Concurso |
Relación |
Operario servizos múltiples |
Grupo V |
8 |
7 T/P 1 T/C |
DA6-convocatoria excepcional |
Persoal laboral |
Monitor deportivo |
Grupo IV |
1 |
T/P |
DA6-convocatoria excepcional |
Persoal laboral |
Limpadoras |
Grupo V |
2 |
1 T/P 1 T/C |
DA6-convocatoria excepcional |
Persoal laboral |
Segundo. Aprobar a oferta ordinaria de emprego deste concello para 2022:
Denominación praza |
Categoría/grupo asimilado |
Nº prazas |
Xornada |
Relación |
Administrativo Turismo e Cultura |
C1 |
1 |
T/C |
Laboral |
Técnico |
A2 |
1 |
T/C |
Laboral |
Terceiro. Publicar este anuncio, no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Boletín Oficial da provincia e da comunidade autónoma correspondente.
Cuarto. A publicación da convocatoria para a cobertura das prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.
Quinto. Queda, polo exposto no ordinal primeiro, anulada a oferta de emprego 2020 (BOP do 25.9.2020) no relativo á estabilización do cadro de persoal.
Notificarlles a presente resolución aos interesados, con indicación expresa dos recursos que se poderán interpor, e darlle conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que realice.
Muxía, 9 de maio de 2022
Santiago Toba Campaña
Alcalde