Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT derivada Amandi, no concello de Sober (expediente 2020/21 AT).

Con data do 19 de xaneiro de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada LMT derivada Amandi no concello de Sober (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Sober deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 5 de agosto de 2021, no BOP de Lugo do 11 de agosto de 2021 e no Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 2021, para que comparezan o día 22 de xuño de 2022 no concello de Sober sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Sober estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade e poderanse acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Políg.

Parc.

2

Descoñecido

33

476

Sobreiro

Erial

11.0

170.0

3

Descoñecido

33

475

Sobreiro

Erial

18-1N

2.0

14.0

214.0

4

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez

Repr.: Concepción Vázquez Díaz

33

500

Sobreiro

Erial

23.0

338.0

5

Descoñecido

33

480

Sobreiro

Piñeiral

4.0

7

Descoñecido

33

492

Sobreiro

Piñeiral

31.0

8

Descoñecido

33

493

Sobreiro

Piñeiral

25.0

358.0

10

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez

Repr.: Concepción Vázquez Díaz

33

470

Sobreiro

Piñeiral

24.0

377.0

11

Descoñecido

33

469

Sobreiro

Piñeiral e carballos

13.0

206.0

15

Descoñecido

33

175

Peniña

Prado

176.0

16

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez

Repr.: Victoria Vázquez Díaz

33

176

Peniña

Prado

146.0

17

Pilar López Fernández

33

174

Peniña

Prado

91.0

19

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez

Repr.: Victoria Vázquez Díaz

33

172

Peniña

Prado

18-3N CT

2.0

53.0

536.0