Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción da ampliación da capacidade de transformación da subestación Montouto (220/20 kV), situada no concello de Arbo, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A/178).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Montouto 2000, S.A.

Denominación do proxecto: ampliación da subestación Montouto.

Concello afectado: Arbo (Pontevedra).

Finalidade: habilitar a subestación de Montouto para a evacuación da enerxía xerada pola ampliación de potencia do actual parque Montouto 2000 en 7,95 MW e para a conexión dos futuros parques Paradanta 16,8 MW (expediente IN408A 2019/48) e O Sobredo 18 MW (expediente IN661A 2011/5-4).

Obxecto: ampliación da capacidade de transformación, coa substitución dos dous actuais transformadores de potencia de 31,5 MVA por un único transformador de 110 MVA, e conectando a el as dúas actuais cabinas de 20 kV. A conexión dos novos parques realizarase a través dun novo centro de seccionamento, prefabricado monobloque, que se instalará no recinto da subestación, conectado tamén ao novo transformador de potencia.

Coordenadas do centro de seccionamento:

Nº de vértice envolvente

X_UTM (H29 ETRS89)

Y_UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

P1

556.830,00

4.663.824,00

Arbo

P2

556.828,00

4.663.823,00

Arbo

P3

556.826,00

4.663.827,00

Arbo

P4

556.829,00

4.663.828,00

Arbo

Orzamento (sen IVE): 1.864.795,12 €.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúe o obxecto da información pública o proxecto técnico administrativo.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado.

Pontevedra, 3 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra