Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28853

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data da sinatura

Achega económica da Axencia

Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da feira bienal Galiforest.

27.4.2022

108.700,00 €