En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgarlle esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.
Polo tanto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de abril de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Concederlle o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal e con carácter vitalicio, ao xornalista Carlos Herrera Crusset.
Santiago de Compostela, vinte e oito de abril de dous mil vinte e dous
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo