Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/155-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Cristóbal Rivas Fernández, colexiado núm. 8423 do COGITI-Valencia, con visado núm. VA14364/21 do 3.12.2021.

Solicitante: Mercadona, S.A., co CIF A46103834.

Enderezo: rúa Valencia, núm. 5, Tavernes Blanques, 46016 Valencia.

Denominación: LMTS e CS para Mercadona, avenida 25 de Xullo, O Carballiño.

Situación: Concello do Carballiño (Ourense).

Orzamento: 62.679,30 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, derivada de CNO806 en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²), de 145+145 m de lonxitude, con inicio en LMTS CNO806, punto en acceso entre os CC.TT. 32CHP4 e 32C221 e final con E/S no CS proxectado.

– Centro de seccionamento (CS) Mercadona, de obra civil en interior de edificio situado na avenida 25 de Xullo do Carballiño, con celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores e control para telexestión e cela de SS.AA (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións do presente proxecto son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo serán realizados directamente coa empresa distribuidora, seguindo para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 19 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense