Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de abril de 2022, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 12 de abril de 2022

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Pensión Morgana.

Titular: María Almudena Reimondo Cotarelo.

Enderezo: rúa Misericordia, 67.

Localidade: 27850 Viveiro.

Establecemento: Soraya.

Titular: Marge, C.B.

Enderezo: estrada Lugo-Madrid, km 495,90.

Localidade: 27163 O Corgo.

Establecemento: Morgana.

Titular: María Almudena Reimondo Cotarelo.

Enderezo: rúa Misericordia, 67.

Localidade: 27850 Viveiro.

Establecemento: O Neira.

Titular: María Mercedes Varela Amado.

Enderezo: avenida de Vilalba, 55, Muimenta.

Localidade: 27377 Muimenta, Cospeito.

Establecemento: A Ruta.

Titular: Finadri, C.B.

Enderezo: estrada Vilalba-Ferrol, Mourence.

Localidade: 27800 Vilalba.

Establecemento: O Faraón.

Titular: Antonio Ramses Gómez Sánchez.

Enderezo: avenida da Terra Chá, 1.

Localidade: 27800 Vilalba.