De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 22 de abril de 2022
Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-44/2021.
DNI: 71527452M.
Acto obxecto de notificación: resolución do expediente sancionador e reclamación de xuros.